Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 1996 Páx. 1.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (169/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 169/1995 se dictou a sentencia, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co nº 169/1995 no que actuaron como demandante VW Leasing, S.A., representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e asistido polo letrado Carlos M. Paz Costas e como demandado Confecciones Susana, S.L. e Carlos Félix Devesa Noya, declarados rebeldes nas actuacións,

Resolvo que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados ata facer

remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 788.840 ptas. de principal, mailos xuros do principal das letras desde o seu vencemento ó tipo do xuro legal do diñeiro incrementado en 2 puntos, mailas custas que se impoñen expresamente e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custos e gastos a suma de 450.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asdo, rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Confecciones Susana, S.L. e Carlos Félix Devesa Noya, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

501