Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto da subministración para adquisición dunha sementadora para sementeira directa e os seus complementos para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, e outro máis.

Por Resolución do 29 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las subministracións as empresas:

1. Adquisición dunha sementadora para a sementeira directa e os seus complementos para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Agrícola Orensana, S.L., importe de adxudicación: 4.000.000 de pesetas.

2. Adquisición dun aparello automático para a determinación da granulometría en mostras de solos agrícolas, para o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

Tecnología Difusión Ibérica, S.L., importe de adxudicación: 9.278.840 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

815