Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público da subministración consistente na adquisición de 8.000 doses de seme de gando vacún de raza frisona para o Plan Integral de Mellora Xenética.

Por Resolución do 3 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la subministración ás empresas:

Lote de 3.000 doses. Ganaderías Asociadas, Sementales Selectos, S.A., importe de adxudicación: 14.400.000 pesetas.

Lote de 600 doses. Semex España, S.A., importe de adxudicación: 2.880.000 pesetas.

Lote de 1.000 doses. Semenzoo España, S.L., importe de adxudicación: 4.800.000 pesetas.

Lote de 650 doses. Euro Fomento Pecuario, S.A., importe de adxudicación: 3.120.000 pesetas.

Lote de 2.750 doses. Raol & Tesor, S.L., importe de adxudicación: 13.200.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1070