Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da subministración de material mobiliario con destino a persoal veterinario, destinado nas axencias de extensión agraria de Galicia.

Por Resolución do 27 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da conse

llería resolveu adxudicarlle-la subministración ás empresas:

Lote I. Sutega, S.A., importe de adxudicación: 3.198.355 pesetas.

Lote II. Víctor Varela Lamas (Canon Copiadoras Coruña), importe de adxudicación: 2.208.265 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

814