Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para realizar traballos específicos e concretos non habituais da Administración en materia informática.

Por Resolución do 31 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-los traballos específicos e concretos non habituais da Administración a:

a) «Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de licencias de caza, pesca fluvial e embarcacións deportivas».

F. Javier Furelos Tenreiro, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

b) «Contratación dun técnico informático para o mantemento, avaliación e control dos medios informáticos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Manuel Romero Bilbao, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

c) «Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de vehículos e realización de traballos auxiliares na aplicación de auxilios da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias».

Natalia Lifanova Martínez, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

d) «Contratación dun técnico informático para o mantemento e desenvolvemento da aplicación informática de subvencións».

Albino Fernández Carreiro, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

e) «Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de xestión e control da contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Pedro García Diéguez, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

f) «Contratación dun técnico informático para o mantemento da ofimática, formación de usuarios e xestión e planificación das redes informáticas».

Peter Jessop, importe de adxudicación: 5.142.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

813