Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (72/1995-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 72/1995, sobre alteración da orde pública, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Serafín Silva Estévez dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado, perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, Serafín Silva Estévez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

396