Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 1996 Páx. 1.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (71/1995).

Nos autos de xuízo verbal de faltas, seguidos neste xulgado co número 71/1995, ente partes, dunha, como denunciante, María José Albert Pérez, e doutra, como denunciado, Oscar Vaamonde Vázquez, por furto, recaeu a seguinte sentencia, que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o quince de decembro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de falta número 71/1995, sobre furto, no que son partes o Ministerio Fiscal, en representación da acusación pública, como denunciante María José Albert Pérez, e como denunciado Óscar Vaamonde Vázquez, sen que compareceran ámbolos dous, maila estaren citados en legal forma (siguen antecedentes de feito). Feitos probados. Fundamentos xurídicos.

Decido que debo absolver e absolvo a Óscar Vaamonde Vázquez dos feitos axuízados nas presentes actuacións, con declaración das custas procesuais causadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto polo Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma á denunciante María José Albert Pérez, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, dez de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

95-0829