Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ACORDO da Comisión de Goberno Municipal da Coruña pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de material para o departamento de Reprografía, para a máquina Off-Set Rioby 500-N e material de oficina para o almacén de compras.

Obxecto: subministración de material para o departamento de Reprografía, para a máquina Off-Set Rioby 500-N e material de oficina para o almacén de compras (Ref. S96/1-2-3).

Tipo de licitación: 12.898.315 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 257.966 pesetas; definitiva, 4% do orzamento do contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ós eguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio do concurso por lotes para a subministración de material para o departamento de Reprografía, para a máquina Off-Set Rioby 500-N e material de oficina para o almacén de compras, e do prego de condicións que o regula, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición opatando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentarranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalziación do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia no negociado de Subministracións e Compras, 2º andar do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 30 de xaneiro de 1996.

O alcalde

Rubricado

1140