Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1996, acordou aprobar definitivamente as propostas sinaladas cos números 1, 2, 3 e 4 do proxecto de modificación puntual nº 17 do plan xeral de ordenación urbana, excluíndo da aprobación definitiva a proposta nº 5 do dito proxecto, de conformidade co informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de xaneiro de 1996.

A concreción das ditas propostas é a seguinte:

Proposta nº 1 (convenio cos herdeiros de José Gallego Fernández, terreos na Avda. das Carolinas, en volta á prolongación da rúa Rodrigo de Mendoza): aplicación da ordenanza nº 1 do PXOU vixente. As aliñacións e alturas son as que figuran nos planos do expedinete.

Proposta nº 2 (convenio con Nemesio Martínez Sobrino, terreo en prolongación da rúa Rodrigo de Mendoza en volta á rúa Arealonga): aplicación da ordenanza nº 1 do PXOU vixente. As aliñacións e altura son as que figuran nos planos do expediente.

Proposta nº 3 (convenio cos herdeiros de Margarita Tojal Dancausa, terreo na Avda. Agustín Romero en volta á glorieta da Mariña e Avda. Rodrigo de Mendoza): aplicación da ordenanza R-1 do PXOU vixente. As aliñacións e altura son as que figuran nos planos do expediente. Poderanse abrir luces e vistas pola parte posterior, cualificada como zona verde no plan parcial da Maroma. Non se poderán crear novas medianeiras cegas.

Proposta nº 4 (terreo de Jesús Lorenzo Figueira e Megasa con fronta á Avda. das Carolinas): aplicación da ordenanza R-3 do PXOU vixente, coa variación do trazado da vía de circunvalación actualmente previsto no PXOU. As aliñacións serán as que figuran nos planos do expediente.

Os textos íntegros das ordenanzas R-1 e R-3 figuran publicados no BOP dos días 6 e 20 de febreiro de 1987.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, texto refundido da Lei do solo e artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Vilagarcía de Arousa, 9 de febreiro de 1996.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273