Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Foro de Jóvenes Empresarios del Eje Atlántico.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Foro de Jóvenes Empresarios del Eje Atlántico que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer a devandita asociación tódolos empresarios que teñan unha idade comprendida entre os 18 e 40 anos, que o soliciten e que se identifiquen cos fins da asociación.

Asinan a acta de constitución: Felipe Regojo Balboa e nove persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

1069