Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Poceros Gallegos (Aspoga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de Poceros Gallegos (Aspoga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da devandita asociación as persoas maiores de idade que sexan titulares de empresas ou representantes de sociedades que teñan por obxecto a realización de sondaxes, perforacións e pozos ou similares, e aquelas persoas maiores de idade que dalgunha maneira teñan interese en servir os fins dela e sexan admitidos segundo o disposto nos estatutos.

Asinan a acta de constitución: José Antonio Couto Iglesias e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

0808