Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Grenco Ibérica, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Grenco Ibérica, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 29-12-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 30-11-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade

Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xaneiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo Grenco Ibérica, S.A. Vigo, 1995

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As normas contidas no presente convenio colectivo serán de aplicación ó centro de traballo de Grenco Ibérica en Vigo, sito na Estda. de Baiona 117 e obriga tanto a Genco Ibérica coma os empregados que forman parte do cadro de persoal do dito centro de traballo antes da súa entrada en vigor durante a vixencia del.

Artigo 2º.-Vixencia.

A vixencia deste convenio iniciarase a partir do día da sinatura e finalizará o día 31 de decembro de 1995.

O presente convenio considerarase prorrogado tacitamente por períodos anuais, a non ser que calquera das partes denuncie con antelación de tres meses, como mínimo á data de expiración do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 3º.-Absorción e compensación.

O establecemento de condicións económicas ou laborais por normas legais tanto presentes como futuras, sexan de xeral ou particular aplicación, só terán eficacia se, consideradas globalmente en cómputo anual, resultan superiores ás pactadas no presente convenio colectivo.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global e en cómputo anual exceden das condicións pactadas no presente convenio, manténdose estrictamente con carácter individual.

Artigo 4º.-Comisión paritaria de interpretación e vixilancia.

Con obxecto de resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes na interpretación ou aplicación do presente convenio, constitúese unha comisión paritaria, integrada polo comité e pola dirección de empresa, que se reunirá por iniciativa de calquera das partes.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio, a xornada laboral será de 40 horas semais de traballo efectivo, equivalentes á xornada actual en horas efectivas en cómputo anual como máximo para o ano 1995, 1.780 horas efectivas.

A xornada laboral distribuirase de luns a venres.

Os horarios de traballo nos distintos departamentos que integran a empresa farase de común acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa.

A xornada de verán en oficinas para 1995 comezará o 1 de xuño e rematará o 30 de setembro. Con horario de 7.30 a 14.30.

As xornadas de traballo correspondentes ós días 24 e 31 de decembro terán a consideración de festivos durante a vixencia deste convenio.

Artigo 6º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio terán 22 días laborais ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas (ou acordo entre empresa e traballador).

O calendario de vacacións fixarase en cada departamento, con dous meses de antelación, de común acordo cos representantes legais dos traballadores. O dito calendario estará elaborado antes do 15 de abril de cada ano.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria, ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do termo do ano natural. As vacacións desfrutaranse dentro do ano natural e non se poderán desfrutar no ano seguinte.

Artigo 7º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos, con dereito a remuneración durante tempo e os supostos seguintes:

a) Dezaseis días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) Tres días laborais en caso de nacemento de fillo.

c) Tres días naturais en caso de falecemento de irmáns, netos, pais, fillos políticos e irmáns políticos.

d) Cinco días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais, fillos e pais políticos.

e) Un día natural en caso de falecemento de tíos e curmáns, o día de sepelio.

f) Dous días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos, circunstancias que deberán ser xustificadas.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo sexa prescrita a dita consulta polo facultativo de medicina xeral; o traballador deberá presentarlle o volante xustifificativo ó empresario. Nos demais casos (por

exemplo, medicina xeral) ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Un día por traslado do domicilio habitual.

j) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

k) Un día natural en caso de matrimonio de fillos, netos e irmáns.

l) Nos supostos c) e f), se o traballador necesitase facer un desprazamento fóra da provincia, concederánselle dous días naturais máis.

En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír ata un período de 1 mes por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 8º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, vexan diminuída algunha capacidade terán preferencia para ocuparen postos máis aptos, en relación coas súas condicións, que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 9º.-Incapacidade laboral transitoria.

Para a prestación de incapacidade laboral transitoria, calquera que fose a causa, aboarase o cento por cento do salario desde o primeiro día de baixa.

Artigo 10º.-Excedencias.

Os traballadores cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano terán dereito a que se lles recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior exedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacecemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que, se é o caso, porán fin ó que viñesen desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

Poderá, así mesmo, te-la situación de excedencia aquel traballador en activo que teña cargo sindical superior á empresa (comarcal, provincial, etc.) mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

No non previsto neste artigo haberá que aterse ó que establece o Estatuto dos traballadores (Art. 46) e ordenanza laboral siderometalúrxica (Art. 61), invocándose en cada caso a norma máis beneficiosa entre as ditas disposicións.

A petición de excedencia será formulada por escrito e presentada na empresa cun mes de antelación como mínimo á data en que se solicite comezala e a empresa dará recibo da presentación.

A concesión da excedencia por parte da empresa efectuarase tamén en comunicación escrita.

A incorporación ó posto de traballo deberá ser notificada polos traballadores cun mes de antelación á data de remate do desfrute da excedencia. A notificación farase por escrito e a empresa estará obrigada a xustifica-la recepción do escrito.

Notificada a incorporación nas condicións indicadas, será admitido o traballador nas mesmas condicións que rexían no momento da iniciación da excedencia.

Artigo 11º.-Premio de antigüidade.

Todo traballador ós 25 anos de antigüidade na empresa percibirá unha paga única, consistente nunha mensualidade e un obsequio.

E todo traballador ós 12 anos e medio percibirá unha paga única de media mensualidade e un obsequio.

Artigo 12º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento de nóminas realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar coa debida antelación anticipos a conta dos seus haberes devengados.

En canto á forma de pagamento, seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Para todo o persoal considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal da adecuada roupa de traballo.

O persoal de montaxe e taller percibirá dúas fundas cada ano, e se for necesario, logo de xustificación, seralle proporcionada unha terceira. As devanditas dúas fundas mínimas serán entregadas dunha soa vez, dentro dos dous primeiros meses de cada ano natural.

En relación co calzado, a empresa dotará o traballador dun par de botas de seguridade como mínimo, que o protexan dos riscos que a súa actividade pode provocar, e sempre que tal actividade requira roupa de protección.

Ó traballador que realice o seu labor con gafas graduadas e sempre que polo seu traballo teña que utilizar protección visual, a empresa poderá proporcionarlle unhas gafas de protección graduadas.

Artigo 14º.-Saúde laboral.

A empresa e os representantes dos traballadores que subscribisen este acordo porán en práctica as

accións e medidas de seguridade e saúde laboral que sexan necesarias para acadar unhas condicións de traballo en que a saúde do traballador non se vexa afectada por elas.

Estas accións e medidas deberán estar encamiñadas a acadar unha mellora da calidade de vida e medio ambiente de traballo, desenvolvendo obxectivos de promoción e defensa da saúde, mellora das condicións de traballo, potenciación das técnicas preventivas como medio para a eliminación dos riscos na súa orixe.

A empresa deberá dotarse dun plan de prevención en materia de saúde e seguridade, así como dos servicios necesarios para a realización del, de acordo cos criterios recoñecidos internacionalmente. As centrais sindicais con participación legal nos centros de traballo e a empresa participarán na súa elaboración e velarán o cumprimento do anteriormente sinalado.

Os traballadores teñen dereito a participar nas materias relativas á prevención de riscos a través dos seus representantes e dos órganos de representación especializados.

Os delegados de seguridade e saúde laboral son os órganos de representación dos traballadores especializados en materia de prevención de riscos.

Os delegados de seguridade e saúde serán designados polos representantes do persoal no ámbito dos órganos de representación previstos no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical en cada centro de traballo de acordo co seguinte baremo.

Centros de traballo: ata 100 traballadores 1; 101 a 500 traballadores 2.

Ós delegados de seguridade e saúde seralles de aplicación o previsto no Art. 68 dos Estatuto dos traballadores en canto a grantías.

Para o desempeño das súas funcións, os delegados de seguridade e saúde laboral disporán do tempo necesario dentro do horario de traballo, que será considerado como xornada, de acordo coa escala seguinte:

Centro de traballo ata 30 traballadores: 10.

Centro de traballo de 31 a 150 traballadores: 15.

Centro de traballo de 151 a 250 traballadores: 20.

Artigo 15º.-Recoñecemento médico.

A empresa solicitará de mutuas patronais a realización por elas dunha revisión médica para tódolos traballadores, como mínimo unha vez ó ano; todos aqueles traballadores que desenvolvan plena e exclusivamente e durante máis de catro horas diarias da súa xornada laboral o seu traballo ou profesión ante unha pantalla de ordenador terán dereito cada seis meses a que lles efectúe unha revisión médica.

O tempo empregado no recoñecemento seralles aboado pola empresa. O recoñecemento consistirá como mínimo en:

-Audiometría.

-Control de vista.

-Análise de sangue.

-Análise de ouriños.

-Espirometría.

-Exploración clínica.

-A partir dos 45 anos, un electrocardiograma.

Artigo 16º.-Festivos.

Durante o período de vixencia do presente convenio colectivo, observaranse no centro de traballo as festas establecidas no calendario laboral vixente en cada localidade.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Con obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de previr ou reparar sinistros e outros análogos, que, de non seren reparados, produzan evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como en caso de risco de perda de materias primas: realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: mantemento.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por período punta de producción, cando estes sexan imprevisibles, pedidos imprevistos, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural. Todo iso sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas pola lei.

A dirección da empresa informará mensualmente os representantes legais dos traballadores sobre o número de horas extraordinarias traballadas, explicando as súas causas e, se é o caso, a súa distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e os criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

Nas horas estructurais só se poderán realizar un máximo de 80 h por traballador ó ano.

-Compleméntase o artigo de horas extraordinarias co anexo adxunto, referente ó importe delas.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Os quinquenios que se teñan recoñecidos e os que se recoñezan no futuro serán retribuídos segundo a táboa salarial adxunta.

A data inicial para a súa determinación será a de ingreso na empresa. Computarase, para efectos de antigüidade, o tempo prestado dentro da empresa a título de traballo en prácticas e para a formación, sempre que ó termo dunha ou outro tipo de contratos o traballador continuase na empresa.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as pagas extraordinarias correspondentes ós meses de

xullo e Nadal na contía, cada unha delas, de 30 días de salario base máis antigüidade, máis retribución voluntaria e 13.650 ptas.

Estas gratificacións seranlles aboadas completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de ILT no semestre anterior.

Artigo 20º.-Gastos mínimos de locomoción.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá «por mensualidade» e en concepto de gasto de locomoción, a cantidade de 10.815 ptas., os doce meses do ano.

Artigo 21º.-Pluriemprego.

A empresa non poderá contratar, en réxime de pluriemprego ou xornada reducida, aqueles traballadores que dispoñan doutra ocupación retribuída por xornada completa e non a tempo parcial.

Artigo 22º.-Plus de xefe de equipo.

É xefe de equipo o traballador procedente da categoría de profesionais ou de oficio que, efectuando traballo manual, lle asigne o control de traballo a un grupo de oficiais, especialistas, etc. en número non inferior a tres nin superior a oito.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría á súa. Cando o xefe de equipo desempeñe as súas funcións durante un período dun ano consecutivo ou de tres anos en períodos alternos, se despois cesa na súa función, manterá a retribución específica ata que, polo seu ascenso a superior categoría, sexa aquela superada. O plus que percibirá o xefe de equipo consistirá nun 20% sobre o salario base da súa categoría, a non ser que fose tido en conta dentro de factor mando, na valoración de posto de traballo.

Artigo 23º.-Plus por traballos especiais.

Os postos de traballo que impliquen penosidade, toxicidade ou perigosidade dan dereito á correspondente bonificación. A determinación ou cualificación do traballo como tóxico ou perigoso farase por acordo entre a empresa e a representanción legal dos traballadores.

En caso de desacordo, decidirá a autoridade laboral.

A expresa bonificación establécese así:

-Cando se establece un só suposto: 50 pesetas hora.

-Cando se establecen dous supostos: 75 pesetas hora.

Na actualidade a empresa estao incluíndo no salario bruto.

Artigo 24º.-Xubilación especial ós 64 anos.

A empresa e os traballadores poderán pactar logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, ó 100% dos dereitos pasivos, de conformidade co disposto no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, e Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro; a empresa deberá cubri-las ditas vacantes con traballadores que sexan titulares do dereito de calquera das prestacións eco

nómicas por desemprego ou xove demandante do primeiro emprego, mediante contrato da mesma natureza.

Artigo 25º.-Xubilación ós 65 anos.

De non se acoller a ningún tipo de xubilación anterior ós 65 anos e salvo que se dictaminen cambios nas normas legais, todo traballador desta empresa acepta a xubilación ós 65 anos.

Artigo 26º.-Contratos de traballo de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

De acordo co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, modifícase a duración máxima destes contratos ata 12 meses dentro do período de 18 meses.

Artigo 27º.-Contratos eventuais. Indemniación por cesamento.

Establécese unha indemnización de dous días por mes traballado para tódolos contratos eventuais que venzan a partir da sinatura do presente convenio.

Artigo 28º.-Recibo de finiquito.

No caso de baixa na empresa, entregaráselle ó traballador copia do finiquito con cinco días de antelación ó cesamento.

Nos finiquitos que teñan lugar por finalización ou rescisión de contrato ou outras causas, farase constar que o traballador non perderá o dereito a cobra-lo que a empresa teña que lles pagar ós traballadores en concepto de revisións, atrasos ou calquera outro tipo de variación na retribución, que corresponda no tempo que o traballador que asine o finiquito prestou os seus servicios.

Artigo 29º.-Seguro colectivo.

A empresa manterá un seguro colectivo de vida ó seu cargo, establecido para todo o persoal do cadro, que cubra as seguintes indemnizacións:

Accidente laboral con resultado de morte: 3.000.000 de ptas.

Accidente laboral con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou gran invalidez: 6.000.000 de ptas.

O traballador facilitará o nome do beneficiario.

Para o persoal de novo ingreso, a póliza insirirase de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Unha copia da póliza inserirase no taboleiro de anuncios dos centros de traballo da empresa.

Artigo 30º.-Fondo social dos traballadores de Grenco Ibérica.

Asignarase unha cantidade de ptas. anuais (que se negociará cada ano) para a subvención do Fondo Social, que se rexerá segundo os artigos expostos no memorando do 24 de febreiro de 1988. Asignaranse 1.500.000 ptas. para o ano 1995.

Artigo 31º.-Formación profesional.

Estableceranse os plans de formación profesional e o número de traballadores que participarán en cada un deles, de acordo coas necesidades tecnolóxicas e de formación en cada posto de traballo.

Artigo 32º.-Comité intercentros.

Crearanse as bases para a futura aplicación do Tratado de Maastricht no tocante á Constitución de Comités Internacionais de Traballadores en Empresas que teñan centros de traballo en países de Europa. As normas serán as aplicadas no dito traballo.

Artigo 33º.-Dereitos e garantías.

Os membros dos comités de empresa gozarán das garantías e dereitos establecidos no artigo 68 do Estatuto de traballadores, que se exercitarán cos seguintes criterios.

Cada un dos membros do comité de empresa o delegado de persoal disporá dun crédito mensual de acordo coa lei, para o exercicio das súas funcións de representación.

Poderase acorda-la acumulación a favor dun ou varios dos seus compoñentes do crédito horario indicado no apartado anterior, sempre e cando sexan do mesmo sindicato.

Cando para asistiren ás reunións dos comités intercentro ou exerceren as funcións propias do seu cargo, os seus membros teñan que se desprazar fóra da localidade da súa residencia, terán dereito a que se lles aboen os gastos de viaxe e as indemnizacións por gastos de aloxamento e manutención na contía e condicións establecidas no vixente convenio.

Participarán os representantes dos traballadores na comisión negociadora do convenio colectivo. Para a sinatura de calquera acordo que afecte os traballadores de Grenco Ibérica, S.A. requirarase en todo o caso, o voto favorable dos representantes dos traballadores.

Recibirá información sobre a marcha xeral da contratación, perspectivas do mercado en canto a pedidos, investimentos acordados en canto repercutan na situación de emprego, etc., emitir informes en expedientes disciplinarios con propostas de despedimento.

Artigo 34º.-Extinción do contrato por causas obxectivas.

1. Cando o empresario queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicacion prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados, como ó representante ou representates dos traballadores na empresa.

2. Sen prexuízo da eficacia e executivade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

3. Dos informes ós que se fai referencia no apartado 2 anterior daráselle traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

4. O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

5. A presente cláusula considérase, para tódolos efectos, de carácter obrigacional; sen prexuízo diso, as partes acordan expresamente mante-la súa vixencia durante o prazo de 4 anos, contando desde o 1 de xaneiro de 1994.

Relación de compensacións extra salariais para persoal de montaxe

-Axudas de custo.

No caso dos desprazamentos fóra do centro de traballo e se for necesario realizar horas despois da xornada laboral, a empresa procurará da-lo tempo necesario para poder comer en casa, de non ser así aboaranse as seguintes axudas de custo.

Sen pernoctar

1-1 ó 31-10-951-11 ó 31-12-95
Varios (8 h. fóra centro traballo

e como mínimo 1 h viaxe)

Ptas. -- Ptas. 400
Comida Ptas. 1.300 Ptas. 1.350
Cea Ptas. 1.300 Ptas. 1.350
Chamadas Factura

Pernoctar fóra de casa
1-1 ó 31-12-95
Almorzo Ptas. 400
Hotel (habitación) 2 estrelas Fact.(hotel 2 estrelas)

Varios Ptas. 300
Xantar Ptas. 1.700
Cea Ptas. 1.700
Chamadas Factura

Ademais, por cada noite pasada fóra da casa, en España e Portugal, e a 250 km fóra do seu centro de traballo, a empresa aboará unha gratificación de 500 ptas. por noite.

Fíxanse as 14 horas como hora do xantar e as 22 horas como hora da cea; no caso de traballar ata as 22 horas e sen pernoctar fóra da casa aboarase a axuda de custo da cea.

Axuda de custo de embarque.

A axuda de custo de embarque queda establecida a razón de 8.500 ptas./día.

-Quilometraxe:

A quilometraxe queda establecida a razón de 30 ptas./km.

-Lavado de roupa:

Nos desprazamentos, a empresa aboará o labado dunha funda semanal, logo de presentación de xustificante.

No caso de estar fóra máis de dúas semanas, a empresa aboará o lavado da roupa.

Cando por necesidades de traballo sexa preciso desprazarse ó estranxeiro, a empresa á parte dos gastos, aboará unha gratificación de:

A: Europa e Marrocos:

(Centros turísticos): 2.700 ptas. día/estancia.

B: América do sur: 5.000 ptas. día/estancia.

C: Países non incluídos en A e B: 8.000 ptas. día/estancia.

Esta gratificación é sempre por día de estancia nestes países e non inclúe os días de viaxe.

-Plus de nocturnidade:

Se por necesidades de traballo se cambia a xornada diúrna pola nocturna, aboarnase pola totalidade da xornada (24 h a 7 h) 4.800 ptas., que corresponden a 650 ptas./hora para cambios parciais.

-Traballo continuado:

Cando se traballa unha noite enteira con plus de nocturnidade e ó día seguinte se supera, como mínimo, en tres horas a xornada (ata as 10 horas), sen descanso previo, aboarase unha gratificación de 3.400 ptas.

-Viaxes:

Cando se viaxa por conta da empresa terase dereito a percibir horas de viaxe de tipo ordinario, polo que comprende a xornada de traballo e de tipo extraordinario ata as 22 horas.

Se por necesidades de traballo fose necesario viaxar en domingos, festivos ou sábados, as horas de viaxe considéranse como traballadas ata as 22 horas; nestes casos aboaranse como festivas ou sábados.

No caso de embarque a empresa garantirá o pagamento adicional de 4 horas festivas para sábados, domingos e festivos.

-Descansos por desprazamentos:

Cada empregado, por cada mes ininterrompido de estancia fóra do centro de traballo, poderá optar previamente ó seu desprazamento, de común acordo co responsable de departamento a:

1. En desprazamentos, en península, por tempo superior a 1 mes, tense dereito por cada mes completo a 1 día laborable para desfrutar na obra ou no seu domicilio, aproveitando os venres na ida ou os luns na volta.

-Días festivos nos desprazamentos fóra de Vigo.

Festivo en Vigo:

Se un traballador se encontra desprazado por motivo de traballo nunha localidade na que non é festivo este día, o día trabállao e coméntase con el para que á súa volta desfrute dun día libre en Vigo.

Se ó período de desprazamento fóra de Vigo lle cadra ser festivo local en Vigo pero non na localidade na que se atopa traballando o montador, e dentro dese mesmo período cadra ser festivo local na dita localidade e non en Vigo, cámbiase un día por outro.

Festivo local fóra de Vigo:

Se o traballador se atopa nunha localidade na que hai un festivo local e permanece nesa cidade un período igual ou superior a un mes, falarase con el para poder negociar este día que non traballou co día que lle corresponde de descanso por estar un mes fóra.

Se no caso anterior o traballador non estivo un período superior a un mes, non ten día que negociar, polo que este día se dá como festivo, posto que o traballador non pode traballar por non estar aberto o centro de traballo en que se encontra.

Horas extraordinarias - tempo por tempo (T.P.T.).

A realización de horas extraordinarias e a súa coordinación dependerán sempre do responsable de departamento.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria, agás forza maior.

O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontra no seu posto de traballo.

As horas extraordinarias quedan establecidas nas seguintes contías:

Pluses en efectivoPlus en T.P.T.

Oficiais
Hora extra1.1001.000
Hora sábado2.0001.000
Hora festiva e domingos2.5001.650

Xefes de equipo
Hora extra1.2501.100
Hora sábado2.4001.100
Hora festiva e domingos3.0001.675

Especialista e peóns
Hora extra800600
Hora sábado1.200850
Hora festiva e domingos1.800925

Os plus en efectivo cobraranse como na actualidade, ó mes seguinte de telas realizado.

O final de cada trimestre farase unha liquidación de T.P.T., daquela a empresa decidirá, segundo o volume de traballo existente, se se aboa o plus T.P.T. ou, polo contrario, se cambia tempo por tempo.

Exemplo: un oficial.

Horas

extras

Plus en

efectivo

Plus en

T.P.T.

Xaneiro10 11.000 10.000
Febreiro15 16.500 15.000
Marzo2 2.200 2.000
27 horas 29.700 27.000

Resultando da liquidación trimestral:

-Para cobrar 27.000 ptas.

-Días libres 12,86 horas.

Estas 27.000 ptas. ou 12,86 horas decidirá a empresa se se cobran ou se se desfrutan como horas libres,

as cales recollerá o interesado de acordo co seu responsable.

TÁBOA SALARIAL E DE ANTIGÜIDADE PARA 1995

CONVENIO PROPIO DE GRENCO IBÉRICA, S.A.

CategoríasSalario baseAntigüidade

19941995

(+ 5%)

19941995

(+ 5%)

Técnicos titulados
Enxeñeiros e

licenciados

173.633182.3157.2847.648
Perito con

responsabilidade

156.710164.5466.5796.908
Enxeñeiros e Téc. Ind.149.241156.7036.1076.412
Graduados sociais117.003122.8534.7504.988
Mestres industriais114.980120.7294.1014.306
Practicantes97.315102.1813.9234.119

Técnicos de taller
Xefe de taller126.641132.9735.3165.582
Mestres de taller113.200118.8604.7534.991
Contramestre113.200118.8604.7534.991
Encargado103.254108.4174.3304.547
Capataz de especialista87.93992.3363.6953.880
Capataz de peóns

ordinarios

84.28788.5013.5353.712

Técnicos de informática
Analista-programador119.172125.1315.2545.517
Adm. de sistemas111.549117.1264.5274.753
Téc. Espe. informática98.478103.4024.1364.343
Téc. Aux. informática 90.56295.0903.8063.996

Técnicos de oficina
Delineante proxectista119.172125.1315.2545.517
Delineante de 1ª98.439103.3614.1334.340
Delineante de 2ª89.83494.3263.7743.963
Auxiliar80.41984.4403.3303.497

Administrativos
Xefe de 1ª126.628132.9595.3165.582
Xefe de 2ª117.081122.9354.9135.159
Oficial de 1ª101.490106.5654.2594.472
Oficial de 2ª90.56295.0903.8063.996
Viaxante101.490106.5654.2594.472
Auxiliar80.41984.4403.3303.497

Persoal subalterno
Chofer de camión88.63693.0683.7193.905
Chofer de turismo86.70691.0413.6413.823
Chofer de motociclo80.92084.9663.3973.567
Listeiro85.72290.0083.5983.778
Almaceneiro82.84186.9833.4793.653
Pesador de báscula80.92084.9663.3973.567
Vixiante78.99282.9423.3163.482
Porteiro e ordenanza77.06980.9223.2353.397

Operarios de taller
Oficial de 1ª95.21899.9794.0064.206
Oficial de 2ª91.16795.7253.7603.948
Oficial de 3ª87.09491.4493.6313.813
Especialista84.56888.7963.5093.684
Peón80.41984.4403.3303.497

Menores de 18 anos
De 17 a 18 anos47.59149.971
De 16 a 17 anos42.54144.668

O dito convenio compleméntase coas táboas salariais e anexos referentes a días festivos nos desprazamentos fóra de Vigo e compensacións extra salariais.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os atrasos do presente convenio colectivo, correspondente ó ano 1995, aboaranse na nómina do

mes de xuño, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1995.

Segunda.-Establécese unha revisión salarial, a partir do 4,5% do IPC rexistrado o 31 de decembro de 1995. A diferencia entre ese 4,5% e o que resulte na data antes sinalada, sen que teña carácter retroactivo, servirá para incrementa-los conceptos económicos do presente convenio, que ó mesmo tempo, servirá de base para a negociación do próximo.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son:

-Polos traballadores: o comité de empresa composto polos seguintes membros:

Rolando Sánchez Sela: DNI 36.097.807.

Antonio Rodríguez Pérez: DNI 76.984.141.

Carlos Bernárdez Meirin: DNI 34.867.585.

José Luis Novoa Briones: DNI 35.412.470.

Antonio Taboada Fernández: DNI 35.974.542.

-Pola empresa:

Rob Kramer: DNI X0147742.

Cuarta.-As partes asinantes mostran a súa conformidade co anterior articulado, asinando o presente texto en proba de conformidade.

Vigo, 30 de novembro de 1995.

0849