Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 1996 Páx. 1.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do acordo subscrito pola Administración sanitaria e as centrais sindicais UGT, CSIF e SATSE, sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo do persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario da atención especializada de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial de persoal sanitario, tralo proceso negociador seguido coas centrais sindicais integrantes dela, na derradeira reunión celebrada o 29 de decembro de 1995, a Administración sanitaria e a maioria das centrais sindicais acordaron elevar a definitivo o documento do 9 de xuño de 1995 que figuraba como documento anexo e con tratamento diferenciado no segundo punto da orde do día da mesa, que contén determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo relativos ó persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario de institucións sanitarias do Sergas.

Así mesmo, a Administración sanitaria e a maioria das centrais sindicais acordaron precisa-la xornada anual efectiva do persoal sanitario non facultativo e non sanitario de institucións sanitarias de carácter hospitalario do Servicio Galego de Saúde, en función das características da prestación de servicios derivada da necesaria realización de quendas de traballo, e da incidencia nelas de servicios nocturnos. Tal cuestión recollíase na orde do día da mencionada mesa e xa fora obxecto de tratamento exhaustivo en ponencia técnica designada no seu seo.

Ámbolos dous aspectos anteriormente referenciados conxúganse no documento anexo, co carácter de acordo, asinado pola Administración sanitaria e as centrais sindicais UGT, CSIF e SATSE e celebrado de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo

e participación do persoal ó servicio das administracións públicas. Así mesmo consonte esixe, para a súa validez, o mencionado artigo, foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O contido do devandito acordo é o que figura cono anexo á presente resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Dispoñe-la publicación do acordo sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo que nel se recollen relativos ó persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

Derrogación:

Quedan derrogados e sen ningún efecto tódolos acordos ou actos que existisen e se viñeran aplicando sobre as mesmas materias obxecto de tratamento no presente acordo.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1996.

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, no marco da mesa sectorial de negociación do persoal sanitario e de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias outorgadas á referida mesa sectorial por acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito o 7 de setembro de 1991, os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais UGT, CSIF e SATSE, tralo proceso de negociación mantido no seo da mesa sectorial do persoal sanitario, asínase o presente acordo sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo do persoal estatutario santiario non facultativo e non sanitario da atención especializada de II.SS. do Servicio Galego de Saúde, co contido que

a continuación se expón.

Primeiro.-Ámbito persoal.

O presente acordo seralle de aplicación ó persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario dependente das institucións sanitarias da atención

especializada do Servicio Galego de Saúde o réxime retributivo do cal é o establecido no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro.

Segundo.-Aspectos retributivos.

Establécese un incremento retributivo para o persoal referenciado no apartado anterior, cos criterios e cantidades indicadas que se expoñen a seguir, calculadas en importes correspondentes ó ano 1996.

1) A remuneración de penosidade derivada da prestación de servicios en réxime de quendas diferenciarase tanto en función do grupo de clasificación de pertenza do traballador como da tipoloxía das quendas que efectivamente comporte o réxime de prestación de servicios, distinguíndose para estes efectos.

1. Quenda fixa: réxime de prestación de servicios que non comporta rotación.

2. Quendas rotatorias: enténdese que realizan quendas rotatorias aqueles traballadores que roten por calquera das quendas establecidas, diferenciándose para estes efectos:

a) Quenda rotatoria simple: implica a realización de traballo durante a xornada ordinaria rotando pola quenda de mañá e de tarde.

Considérase así mesmo quenda rotatoria simple aquela que implique a realización esporádica de quendas nocturnas.

b) Quenda rotatoria complexa: supón a realización de traballo durante a xornada ordinaria rotando polas quendas de mañá, tarde e noite, cunha incidencia de servicios nocturnos periódica e regular ó longo do ano inferior a seis semanas en cómputo anual.

Esta remuneración non será de aplicación ós postos de traballo de supervisión de enfermería nin de profesor de logofonía e logopedia.

Quenda fixaQuenda

rotatoria

simple

Quenda

rotatoria

complexa

Grupo A7.763
Grupo B excepto ATS

consultas externas

e ATS II.AA

5.1758.79812.420
ATS consultas externas

e ATS II.AA

5.0828.705
Grup C4.1406.9869.833
Grup D3.1055.6938.280
Grup E2.5884.6586.728

2) Incremento no complemento de atención continuada modalidade B (domingos e festivos), que quedan establecidos nos importes que se indican a seguir:

Grupo B: 3.406 ptas.

Grupo C: 3.120 ptas.

Grupo D e E: 2.838 ptas.

3) Adecuación do nivel do complemento de destino dos ATS/DUE de consultas externas e ATS/DUE de consultas de institucións abertas pasando do actual 19 ó 21 con cargo, en todo caso a contía actual do complemento do PRD que vén percibindo o dito persoal.

4) Incremento das contías actualmente asignadas en concepto de complemento específico para os postos de traballo de supervisión de enfermería, co obxecto de equipara-las súas actuais retribucións coas do Insalud, nos importes que se indican a seguir:

-Supervisoras de área: 12.938 ptas./mes.

-Supervisoras de unidade: 9.315 ptas/mes.

5) Adecuación das retribucións asignadas á categoría de profesor de logofonía e logopedia no marco das actualmente vixentes no ámbito do Insalud, por mor da clasificación de tal categoría no grupo B dos establecidos no artigo 3 do Real decreto lei 3/1987, de 11 de setembro, sobre retribucións de persoal estatutario do Insalud.

6) Os importes retributivos que figuran no presente estudio correspondense coa xornada ordinaria co módulo horario que esta implica. O persoal cunha xornada inferior á ordinaria percibirá as súas retribucións coa reducción proporcional correspondente.

7) Os efectos económicos dos anteriores apartados producirase a partir do 1 de xaneiro de 1996.

Terceiro.-Responsabilidade civil.

Asúmese o compromiso de elimina-la franquía actualmente existente, ben por vía dunha nova póliza que contratará a Administración, ben pola subvención da prima que individualmente concerte o persoal afectado.

Estudiarase a acción social do persoal mediante unha comisión central Administración-sindicatos.

Cuarto.-Formación.

Incremento dos fondos destinados á formación continuada do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde, na procura da mellora da calidade asistencial da sanidade pública galega.

Quinto.-Xornada anual efectiva.

A xornada correspondente ó persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario computarase en termos anuais conforme os criterios que se indican a seguir:

1. Quenda diurna: réxime de prestación de servicios que supón a non realización de quendas de noite.

Os traballadores que teñan asignada a súa prestación de servicios baixo o réxime de quenda diurna realizarán unha xornada anual efectiva de 1.624 horas.

2. Quenda nocturna: réxime de prestación de servicios que supón exclusivamente a realización de quendas de noite.

Os traballadores que teñan asignada a súa prestación de servicios baixo o réxime de quenda nocturna realizarán unha xornada anual efectiva de 1.430 horas.

3. Turno mixto ou rotatorio: dado que os artigos 50 e 57 dos estatutos xurídicos respectivos consagran a existencia de dúas modalidades de prestación de servicios de duración distinta, segundo se desenvolvan en quenda de noite ou diurna, considerarase modalidade mixta ou rotatoria aquela que realicen os traballadores que teñan asignada a súa prestación de servicios mediante a realización, de xeito rotatorio, de quendas diurnas e nocturnas.

Este réxime de prestación de servicios desenvolverase no ámbito das institucións sanitarias do Sergas baixo os seguintes criterios:

a) A realización de 67 noites ó ano enténdese como límite máximo da prestación de servicios nocturnos correspondente a esta modalidade de prestación de servicios.

A asignación dunha xornada de traballo que supoña a realización de 67 quendas nocturnas en cómputo anual implicará a realización efectiva dunha xornada anual de 1.433 horas.

Salvo que concorran necesidades asistenciais urxentes, non poderán asignarse prestacións de servicio en quenda mixta ou rotatorio que supoñan a realización de máis de 67 noites en cómputo anual.

b) A xornada anual efectiva que será realizada polos traballadores que teñan asignada a súa prestación de servicios en réxime de quenda mixta ou rotatorio que comporte a realización dun número de quendas nocturnas inferior a 67 obterase de calcula-la media da aplicación proporcional dos límites máximo e mínimo da xornada establecidos nos apartados 1 e 3 a) anteriores.

Para estes efectos, aplicarase a táboa de ponderación que figura como anexo á presente proposta.

Sexto.-Medidas aclaratorias e complementarias á ordenación da xornada.

1. A ordenación da xornada nas institucións sanitarias de atención especializada do Sergas non implicará en ningún caso minoración nas retribucións dos traballadores.

2. As economías que, se é o caso, se produzan como consecuencia da ordenación da xornada de traballo que se propón, non se transferirán a outros capítulos do orzamento de gastos do Servicio Galego de Saúde.

Neste sentido as ditas economías terán como obxectivo diminuí-la promedio de quendas nocturnas asignadas ós traballadores en quenda mixta ou rotatoria, e á mellora xeral nas condicións e cargas de traballo no ámbito das institucións sanitarias de atención especializada do Servicio Galego de Saúde.

3. O Servicio Galego de Saúde adoptará as medidas necesarias para posibilita-lo desfrute dos días de libre disposición nas datas escollidas polos traballadores.

4. O Servicio Galego de Saúde adoptará as medidas correspondentes para facilita-lo desfrute de reducción de xornada nos supostos nos que a dita posibilidade non estea expresamente establecido na normativa vixente.

5. Constituirase coa maior brevidade posible unha Comisión Administración e sindicatos asinantes coa finalidade de elaborar propostas para a ordenación do actual réxime de permisos, licencias e vacacións do persoal das institucións sanitarias de asistencia especializada do Sergas.

Sétimo.-Comisión de estudio dos postos de traballo.

Constituirase unha comisión de estudio co fin de configura-los postos de traballo do persoal ATS/DUE, e outro persoal que se considere, para proceder á súa adecuación retributiva, se é o caso.

Oitavo.-Comisión de seguimento.

Constituirase unha comisión de seguimento integrada pola Administración e as centrais asinantes para efectua-lo seguimento e tratamento de tódalas cuestións que se deriven do presente acordo.

ANEXO

XORNADA EFECTIVA ANUAL EN FUNCIÓN DO NÚMERO DE NOITES

TRABALLADAS

Módulo

noites

Noite

S

ano

LSNM/TVLDLXornada

efectiva

Diurno00232309941,624
111230309941,620
122228309941,616
133226309941,612
144224309941,608
255222309941,604
266220309941,600
277218309941,596
388217309931,599
399215309931,595
31010213309931,591
31111211309931,587
41212209309931,583
41313207309931,579
41414205309931,575

Módulo

noites

Noite

S

ano

LSNM/TVLDLXornada

efectiva

51515204309921,578
51616202309921,574
51717200309921,570
51818198309921,566
61919196309921,562
62020194309921,558
62121192309921,554
72222191309911,557
72323189309911,553
72424187309911,549
72525185309911,545
82626183309911,541
82727181309911,537
82828179309911,533
92929178309901,536
93030176309901,532
93131174309901,528
103333170309901,520
103434168309901,516
103535166309901,512
113636165309891,515
113737163309891,511
113838161309891,507
113939159309891,503
124040157309891,499
124141155309891,495
124242153309891,491
134343152309881,494
134444150309881,490
134545148309881,486
134646146309881,482
144747144309881,478
144848143309871,481
144949141309871,477
155050139309871,473
155151137309871,469

Módulo

noites

Noite

S

ano

LSNM/TVLDLXornada

efectiva

155252135309871,465
155353134309861,468
165454132309861,464
165555130309861,460
165656128309861,456
175757126309861,452
175858125309851,455
175959123309851,451
176060121309851,447
186161119309851,443
186262117309851,439
186363115309851,435
196464114309841,438
196565112309841,434
196666111309831,437
196767109309831,443
Nocturno1431430309401,430

261