Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da concesión da explotación do servicio de cafetería da E.U.E.T. industrias forestais de Pontevedra. (Expediente número 201/1996).

O órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da concesión que a continuación se indica:

Obxecto: explotación do servicio de cafetería da E.U.E.T. industrias forestais de Pontevedra (expediente número 201/1996).

Canon: será o que resulte da adxudicación, sendo o mínimo fixado o que se recolle no prego de cláusulas administrativas.

Garantías: dada a natureza da prestación no se establecen.

Prazo de duración: será dun ano a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato. Este prazo entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais, salvo que calquera das partes lle comunique á outra a súa decisión en contrario, polo menos con dous meses de antelación á data de remate do prazo establecido, ou algunha das súas prórrogas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa. CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto 1-Vigo (Pontevedra) ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración relativa á cifra de negocios global, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios, e tratándose de sociedades, balances ou extractos

de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.

Solvencia técnica: cualificacións profesionais dos responsables da dirección da empresa e, en particular, do persoal que sería responsable do servicio. Relación dos principais servicios realizados nos tres últimos anos que inclúe importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Vigo, 23 de xaneiro de 1996.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1003