Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente número 4/1996).

Este órgano de contratación, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto o seguinte concurso público para a adxudicación da subministración que a continuación se relaciona:

Obxecto: cambiador automático de mostras (expediente número 4/1996).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: expediente 4/1996: 4.600.000 ptas., IVE incluído, un mes.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particualres.

Garantías: as sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa. CP 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1 Vigo (Pontevedra) ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos a subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, incorporando os correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional:o prazo mínimo de garantía dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción deles.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Vigo, 25 de xaneiro de 1996.

P.D. (RR 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

1002