Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1996 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contración do servicio de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade.

Obxecto: servicio de limpeza das instalacións da Academia Galega de Seguridade.

Orzamento: 1.757.500 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 35.150 ptas., a favor da Academia Galega de Seguridade.

Garatía definitiva: 70.300 ptas.

Prazo de execución: 15 de marzo ó 31 de decembro de 1996. Prorrogable.

Criterios de adxudicación: prezo, experiencia, cualificación profesional.

Solvencia económica-financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995.

Exposición de pregos: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade, durante o prazo de presentación das proposicións.

Modelo de proposición: a proposición axustarase estrictamente ó modelo que se xunta como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións presentarnase en sobre pechado no rexistro da Academia Galega de Seguridade, sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 15703 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de profesores da Academia Galega de Seguridade ás 10 horas do quinto día natural seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

1000