Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.240

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (246/1990).

Nos autos de xuízo executivo nº 246/1990, seguidos por instancia da Caixa de Aforros de Galicia contra Manuel Botana Casto, Benedicta Penas Rial, Francisco Estepa Campos, Dulce Mª Mosquera Freire, Alejandro Marcuño Blanco e Manuel Carballal Pazos, dictouse a seguinte providencia. Maxistrada-xuíza Castro Calvo.

En Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

Dado conta. Por presentado o anterior escrito polo procurador Jesús Raposo Quintas, en nome e representación da parte demandante, únase ós autos da súa razón. Tense por instada a execución da sentencia que ten carácter de firme, segundo o disposto no artigo 1481 e seguintes da LAC e como se solicita, tendo sido embargados, entre outros, bens inmobles como da propiedade dos executados, antes de proceder á taxación dos bens, requírase ós debedores e propietarios dos bens inmobles, para que dentro dos seis días presente na secretaría deste xulgado os títulos de propiedade dos predios embargados.

Téñense por designados pola parte demandante, como peritos para a taxación dos bens inmobles embargados a Benigno Amor Rodríguez, da designación do cal, de conformidade co disposto no artigo 1484 da LAC, se dará coñecemento ós executados, prevíndoo de que dentro do segundo día nomee outro pola súa parte, baixo apercibimento de telo por conforme cos nomeados polo executante. Practíquense as ditas dilixencias polo Servicio Común de Notificacións e Embargos desta cidade, o Xulgado de Paz e polo Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, por non ser firme, poderá interpoñerse recurso de reposición no improrrogable prazo de tres días, contado desde o seguinte á súa notificación, perante este xulgado e que será resolto pola súa maxistrada-xuíza.

Así o manda e asina a S.Sª do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento ós demandados Francisco Estepa Campos e Dulce Mª Mosquera Freire, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario do Xulgado

Rubricado

600