Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.240

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (136/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e do seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita expediente co nº 136/1995, por instancia de María Milagrosa García Ageitos, sobre declaración de falecemento do seu pai Domingo García Villar, natural de Outes (A Coruña), fillo de José e de Dominga, que traballaba no buque Maribel Riva, desaparecido no mar en setembro de 1975, en unión co resto da tripulación, nun lugar situado entre a costa de España e Libia, sen que se tivesen noticias súas nin aparecese o seu corpo; o que se fai público para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer perante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros o 10 de xaneiro de 1996.

A secretaria

Rubricado

334