Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.239

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996 pola que se anuncia a provisión mediante libre designación do posto de xerente desta universidade.

Vacante a praza de xerente da Universidade de Vigo e prevista no cadro de persoal funcionario de administración e servicios a súa cobertura mediante libre designación, sen dilación cómpre inicia-lo correspondente para asegura-lo correcto cumprimento dos cometidos e responsabilidades que a xerencia lle atribúe o artigo 115 dos estatutos.

Por isto, visto o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25), polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das competencias que me recoñecen os artigos 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria e 97 dos estatutos da Universidade de Vigo, este rectorado resolveu anuncia-la convocatoria pública de provisión mediante libre designación do posto de xeren

te da Universidade de Vigo, que se axustará ás seguintes bases:

Primeira.-É obxecto do provisión mediante libre designación o posto de xerente da Universidade de Vigo do que se especifican as características de nivel, localización e grupo de adscrición no anexo desta convocatoria. O exercicio do cargo de xerente requirirá dedicación a tempo completo e a súa titularidade será incompatible co desempeño de funcións docentes e investigadoras.

Segunda.-Poderán optar á súa provisión os funcionarios de carreira calquera que sexa a súa situación administrativa agás os suspensos en firme, e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenzan a algún corpo ou escala do grupo de clasificación A.

Tercera.-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Coa instancia debe achegarse currículum vitae debidamente xustificado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tri

bunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Vigo, 26 de xaneiro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xerente.

Grupo: A

Nivel C.D.: 30

Localidade: Vigo.

Provisión: L.D.

0343