Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 1996 Páx. 1.216

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xaneiro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións editadas pola Xunta de Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas pola Escola Galega de Administraticón Pública que se relacionan no anexo.

2.-Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Policía autonómica e seguridade pública: 2.000 ptas.

O réxima de competencias sobre pesca marítima. Referencia especial a Galicia: 2.600 ptas.

Normativa estatal e galega sobre medio ambiente: 2.800 ptas.

Concorrencia competencial sobre residuos sólidos urbanos: 2.300 ptas.

Motivación do persoal ó servicio da Administración pública: 1.700 ptas.

Derecho administrativo español: 7.000 ptas.

O Goberno local en España: procesos de transición e normalización política: 1.500 ptas.

Gestión e administración pública: 2.200 ptas.

Ética, administración e información: 1.400 ptas.

Estorbos e remedios da riqueza de Galicia: 2.500 ptas.

A productividade e a calidade na xestión pública: 2.500 ptas.

1128