Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso das asistencias técnicas para a redacción dos proxectos de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas degradadas en varios montes da provincia da Coruña e tres máis.

Por Resolución do 23 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlles as asistencias técnicas ás empresas:

1. Redacción dos proxectos de restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas degra

dadas en varios montes da provincia da Coruña (05124).

Projari del Medio Natural, S.L., importe de adxudicación: 9.152.780 pesetas.

2. Redacción dos proxectos de rexeración da cuberta vexetal en varios montes da Comunidade Autónoma de Galicia (05125).

PG Galicia, importe de adxudicación: 8.420.000 pesetas.

3. Redacción dos proxectos de loita contra a erosión e labores complementarias de proxección da cuberta vexetal en varios montes da provincia de Ourense (05126).

Talartos, S.L., importe de adxudicación: 7.579.000 pesetas.

4. Redacción dos proxectos de restauración hidrolóxica en varios montes da provincia de Pontevedra (05127).

Etega, S.A., importe de adxudicación: 5.812.018 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

729