Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores P-116/1995 e P-192/1995 incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan, as resolucións de ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 o 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario diante do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcurrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando

desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó pagamento da sanción, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

ANEXO

-Expediente nº P-116/1995.

Denunciado: Manuel Salvador Agra López.

Enderezo: Eduardo Pondal, 18-1º, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca sen respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Orde de 24-2-1995, (DOG de 13-3-1995) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, tendo pescadas cinco troitas de tamaño inferior ó regulamentario. Feitos ocorridos o 26-3-1995 no río Romean-Vilaxuso-Castroverde.

Precepto sancionador: 33.9º.

Sanción: 5.000 ptas. de multa, e 7.000 ptas. de indemnización.

- Expediente: P-192/1995.

Denunciado: Hortensio López González.

Enderezo: Fermín Caballero, 27; Madrid 28034.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca en tramo vedado, Orde do 24-2-1995 (DOG nº 50 do 13-3-1995) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Feitos ocorridos o 30-4-1995 no río Ser-Navia.

Precepto sancionador: 34.6º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 17 de xaneiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

736