Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-287/1995.2. (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacción de expediente sancionador (I-287/1995.2) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutierrez e secretario a Santiago Camarero Merino, poidendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artígo 28 da mencionada lei.

O que se lle notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestales, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aporte por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere conveniente en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de inciación poderá ser considerado proposta de

resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da cuantía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste Servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 9 de xaneiro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-287/1995.2.

Denunciado: Mario Mella Rey.

Último enderezo coñecido: Soiáns-Calo. Teo-A Coruña.

Feito denunciado: queima en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 A) do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 15.000 ptas.

728