De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacción de expediente sancionador (I-312/1995) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Que, asi mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, poidendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artígo 28 da mencionada lei.
O que se lle notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestales, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aporte por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de inciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente, é competente por razón da cuantía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste Servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do
procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).
Pontevedra a 9 de xaneiro de 1996.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: I-312/1995.
Denunciado: J. Ramón Fernández Pérez.
Último enderezo coñecido: Santiñas, 75. 36005 Pontevedra.
Feito denunciado: abandono dun vehículo Seat-124, matrícula GC-0466-N.
Precepto infrinxido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 50.000 ptas.
734