Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución dos expedientes sancionadores I-293/1995.1 e I-293/1995.2. (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

E ós efectos previstos no Real decreto 1398/1993 do 4 de agosto (BOE 9-8-1993), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, ante o Servico de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, as alegacións que se consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 1996

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-293/1995.2.

Denunciado: Roberto C. Arostegui Ignacio.

Último enderezo coñecido: Camiño do Folón, 18-2º. 36320 Chapela-Redondela.

Feito denunciado: facer lume en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 A) do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: I-293/1995.1.

Denunciado: José A. Salgueiro Caamaño.

Último enderezo coñecido: Travesía de Vigo, 205-1-14. 36207 Vigo.

Feito denunciado: facer lume en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 A) do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 10.000 ptas.

733