Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 201/1994 de pesca fluvial de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Lei de procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que se relaciona no anexo, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de quince días, contados dende o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311.152.115/8, da Caixa Galicia (2091) oficina principal de Lugo (0152).

De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de contrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e da indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

ANEXO

Procedemento sancionador número: P-201/1994.

Denunciado: Antonio López Novo.

DNI: 76.553.149.

Último enderezo coñecido: r/ Ángel Senra, 29 A, 15007 A Coruña.

Feitos imputados: practica-la pesca no río Azúmara (Andión-Pol) con dúas redes.

Tipificación infracción Lei de pesca fluvial:

Artigo infrinxido: 35.2º

Cualificación infracción: grave.

Sanción inhabilitación:

Sanción: 500.001.

Inhabilit: 2 anos.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1996.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

754