Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407AN 95/208-2, libro de rexistro 4466 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó edificio Paulino García, en r/ Basanta Silva-Vilalba.

Orixe da liña: no C.T. Donilo e no C.T. Alameda.

Final: no C.T. a instalar.

Situación do transformador: porto-Burela.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con calbe designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 120 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000 ±2,5% ±5%-400/231 V, para servicio eléctrico o edificio Paulino García, na r/ Basanta Silva, en Vilalba.

Orzamento: 3.075.395 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual

Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

0757