Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 2.382.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación Faro nº 2.382, situada no termo municipal de Salceda de Caselas, solicitadas por José Antonio Lemos Romero.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares das concesións mineiras estremeiras con Faro nº 2.382, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

731