Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número RCI-15571).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Leyma Alimentos

de Galicia, S.A., co enderezo na parcela 136 polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo, A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Anteproxecto da instalación de coxeración vapor-eléctricidade na factoria que Leyma ten no polígono de Sabón, Arteixo e que constara de: dous motores para fuel e gas, tipo diesel, de 18 cilindros en V, a 750 r.p.m e 6200 kW de potencia máxima. Dous alternadores sincronos de 7060 kVA de potencia nominal, a 6 kV, 750 r.p.m e cos = 0,85. Duas caldeiras para producción de vapor para unha producción de 2,46 t/h a 11 bar. Equipos de almacenamento, trasego e preparación do combustible e aparellaxe eléctrico de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-0781