Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de C.T. nos Gaios-Areas, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: nos Gaios-Areas, concello de Tui.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV, 400/231 V.
Orzamento: 1.000.000 de ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-0727