Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación Merlín número 2.554.1.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que con data 11-12-1995 a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, outorgou a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Merlín nº 2.554.1 de tres cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental que se sitúa no termo municipal de Agolada da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

765