Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en Forna-Budiño, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o poste existente 12/100 da L.M.T. a canteiras ata o C.T. que se proxecta en Forna-Budiño, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea a 15/20 kV, de 5 m de lonxitude, con conductor aluminio. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV, 220/380 V.
Orzamento: 2.425.697 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
770