Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/207-2, libro de rexistro 4465 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sometese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.a.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. para edificio Os Porches.

Situación: Burela.

Características técnicas: liña de media tensión subterrána a 20 kV, cunha lonxitude de 140 metros e con cable D.H.V 15/20 kV, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 630 kVA 20.000 ±2,5% ±5%/400-231, para mellora do servicio eléctrico no edificio Os Porches, en Burela.

Orzamento: 3.253.295 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

0714