Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/191-2, libro de rexistro 4445 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a autorización de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Situación: Viveiro.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 576 metros de lonxitude con conductor LA-56 de 55 mm de sección sobre torres metálicas, e un tramo subterráneo de 94 metros R.H.V. 12/20 kV 1x95 mm Al, para mellora do servicio no lugar de S. Pedro no concello de Viveiro.

Orzamento: 4.480.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súa alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0779