Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita e se declara a súa utilidade pública. (Expediente número IN407A 95/65-3 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e o artigo 10 do Decreto 2619/1966 ambos, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración da súa utilidade pública, dunha instalación eléctrica de alta tensión, que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Situación: As Barxas, O Viso e outros (Ourense e Coles).

Finalidade: Mellora-la seguridade e calidade do servicio no sector, segundo o Plan MEGA.

Características principais: liña aérea a 20 kV, de 764 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, que partindo do apoio 9 da L.M.T. Velle-Quintela, remata no apoio 1 da L.M.T. proxectada a C.T. en Sobral. Liña aérea a 20 kV, de 290 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, que partindo do apoio 8 da L.M.T. a Sobral, remata no C.T. existente en caseta en Sobral (Coles). Liña áerea a 20 kV, de 46 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, que partindo do apoio 6 da L.M.T. proxectada a Sobral, remata no C.T. proxectado en Sobral (Coles) con 160 kVA, 20 kV/380-220 V. Liña aérea a 20 kV,

de 93 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, que partindo do apoio 6 da L.M.T. Velle-Quintela, remata no C.T. proxectado en Barxas (Ourense) con 160 kVA, 20 kV/380-220 V. Liña aérea a 20 kV, de 123 m de lonxitude, en conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, que partindo L.M.T. Velle-Barra de Miño, remata no C.T. proxectado no Viso (Coles) con 160 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión en Sobral, As Barxas, Seara Vella, Costoira, Pobadura, O Viso, Barxelas e A Rega.

Orzamento: 23.610.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º, Ourense), e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 15 de decembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-0780