Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/401 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa

ción pública a petición de instalación de L.M.T. A Canteiras de monte Faro-Entenza, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. Revolta-2 ata a canteira Lemos en Parderrubias-Entenza, concello de Salceda de Caselas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea a 15/20 kV, de 1.145 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón e metálicos.

Orzamento: 4.181.732 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de decembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-8477