Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO SETE DE MADRID

EDICTO (488/1995).

Rosario García Álvarez, maxistrada do Xulgado do Social número sete dos de Madrid e a súa provincia.

Fago saber: que por providencia dictada no día da data no proceso seguido por instancia de José Arranz Regidor contra Ziczac Costura, S.L. e Antonio Enrique Parada Arcia en reclamación por cantidade rexistrado co número 488/1995 acordouse citar a Ziczac Costura, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día vinteún de marzo de 1996 ás 10 horas da mañá, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, de xuízo, que terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número sete de Madrid, sito na rúa Hernani, 59-2ª, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación a Ziczac Costura, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, 15 de xaneiro de 1996.

O maxistrado do Social

Rubricado

O secretario

Rubricado

764