Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (222/1994-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Angel Pantín Reigada, acordado en providencia no xuízo de faltas número 222/1994-I, tramitado por atentado, cítase en forma a Marcos Sergio Vega Ramírez, en

paradoiro descoñecido, para que o día 29 de marzo de 1996, ás 11.20 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e de que deberá ir provisto do DNI e das probas das que intente valerse.

En Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

483