Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 1996 Páx. 1.199

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (411/1995).

En cumprimento do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas número 411/1995, tramitado por furto, cítase en forma a Mario Mella Rey en paradoiro descoñecido, para que o día catorce de febreiro ás once cuarenta horas, compareza ante a sala de audiencia do presente xulgado (sala número tres) primeira planta do edificio de xulgados sito na rúa Viena, nº 1 Polígono das Fontiñas, co fin de asistir ó xuízo, con advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e de que deberá ir provisto das probas de que intente valerse.

Santiago de Compostela, sete de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

713