Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.183

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 1996 polo que se convocan bolsas para a realización de estudios de integración europea en centros universitarios belgas e para a realización de prácticas en organismos europeos con sede en Bruxelas.

1) Bolsas para estudios de integración europea.

A Fundación Galicia-Europa convoca 5 bolsas para a realización de estudios de integración europea durante o curso académico 1996-1997 nos seguintes centros de estudios:

-Colexio de Europa de Bruxes.

-Instituto de Estudios Europeos da Universidade Libre de Bruxelas.

-Universidade Católica de Lovaina.

-Universidade de Liexa.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios de segundo ciclo. Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que se atopen no último ano da carreira. É imprescindible o título para acceder a elas.

2. Ter un bo expediente académico.

3. Domina-la lingua ou linguas de traballo do centro que escolla o candidato.

4. Ter nacido despois de 31-12-1967.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da U.E.

Cobertura económica:

As bolsas cubrirán os gastos de matrícula, aloxamento e manutención. A contía da bolsa variará en función de centro de acollida.

Data límite de presentación das solicitudes de bolsa:

29 de febreiro de 1996 para o Colexio de Europa de Bruxes e 31 de marzo de 1996 para o resto dos centros.

Selección:

A Fundación Galicia-Europa realizará a selección dos candidatos en función dos méritos acreditados por estos entre aqueles que sexan admitidos polos centros correspondentes.

Información, impresos y presentación de solicitudes:

Fundación Galicia-Europa, Belén Rodríguez, praza da Quintana, s/n. 15704 Santiago de Compostela, teléfono 54 58 29, fax 56 26 46, horario: 9 a 14 horas.

2) Bolsas para a realización de prácticas en organismos europeos.

A Fundación Galicia-Europa convoca bolsas para financia-la realización de prácticas de licenciados universitarios en organismos europeos, xa sexan públicos ou privados, ó longo do ano 1996, co fin de completar e aplica-los coñecementos adquiridos no transcurso dos seus estudios.

Centros:

Os centros de acollida para a realización das prácticas poderán ser de dous tipos:

a) Institucións da Unión Europea o outros organismos públicos ou privados con sede en Bruxelas vinculados a temas comunitarios.

b) Oficina da Fundación Galicia-Europa en Bruxelas.

Requisitos:

1. Ter realizados estudios universitarios completos do segundo ciclo nalgunha das universidades galegas.

2. Ter bo espediente académico (media de notable).

3. Coñecemento dunha lingua comunitaria, ademais do castelán e do galego.

4. Ter nacido despois do 31-12-1965.

5. Ter residencia en Galicia.

6. Te-la nacionalidade dun dos estados membros da Unión Europea.

7. Para a modalidade a): acreditación do organismo correspondente, da autorización para a realización

das prácticas nel. Para a modalidade b): os interesados en realizar prácticas na oficina de Bruxelas da Fundación Galicia-Europa deberán facelo constar na solicitude de bolsa.

Preferencia:

Terán preferencia aqueles candidatos que teñan realizado estudios postuniversitarios en relación con temas comunitarios.

Duración das prácticas:

A duración máxima das prácticas será de 5 meses para a modalidade a) e de 3 meses para a modalidade b).

Contía da bolsa:

A contía da bolsa será de 35.000 francos belgas (F.B.)/mes para aloxamento e manutención.

Data límite de presentación da solicitude de bolsas:

As solicitudes para a modalidade de bolsa a) poderán presentarse ata o 30 de xuño de 1996 e para a modalidade de bolsa b) ata o 15 de marzo de 1996.

Información, impresos y presentación de solicitudes

Fundación Galicia-Europa, Belén Rodríguez, Casa da Parra, praza da Quintana, s/n. 15704 Santiago de Compostela, teléfono 54 58 29, fax: 56 26 46, horario: 9 a 14 horas.

Emilio J. Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

898