Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do 22 de xaneiro de 1996, acordou por maioría absoluta legal, a aprobación definitiva da modificación das normas subsidiarias de planeamento de Xove, segundo a documentación por Ingeniería del Atlántico, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, efectúase a publicación do acto de aprobación definitiva nos termos do anexo que acompaña.

Xove, 29 de xaneiro de 1996.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Manuel Díaz Sánchez, licenciado en dereito, secretario deste Concello de Xove (Lugo).

Certifico que o Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 22 de xaneiro de 1996, adoptou o acordo do que se transcribe literalmente a parte dispositiva:

«(...) polo Pleno Municipal, á vista do informe do 8 de xaneiro de 1996, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, emitido segundo o disposto no artigo 7 en relación coa disposición transitoria primeira da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, que o foi con carácter favorable e vinculante.

Visto o acordo deste concello do 7 de xullo de 1995, de aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias do planeamento de Xove, e a non representación de ningún tipo de alegación durante o período de exposición pública.

Visto o preceptuado no artigo 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, por oito votos a favor e tres en contra, (dos conselleiros dos grupos socialistas do BNG), reunindo maioría absoluta legal en votación ordinaria acórdase:

1. A aprobación definitiva da modificación das normas subsidiarias de planeamento de Xove, segundo a documentación elaborada por Ingeniería del Atlántico, S.A.

2. A publicación do presente acto de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e a comunicación e traslado do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño.

3. Faculta-la alcaldía-presidencia para á realización de cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bon fin dos acordos adoptados».

E para que conste, para os efectos oportunos, co visto e prace do alcalde-presidente, expido o presente anuncio coa salvidade do artigo 206 do Real decreto 2568/1986, en Xove a 29 de xaneiro de 1996.

883