Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización do E.D. SU-UE-II-10 Fragoso.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, o 26 de outubro de 1995, o proxecto de urbanización do estudio de detalle SU-UE-II-10 Fragoso (3897/401), redactado pola arquitecta María A. Leboreiro Amaro e o enxeñeiro de camiños Alberto Moreno García, con visados do 21 de febreiro e 26 de maio de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e máis no taboleiro

de anuncios do concello, con notificacións individuais.

De no presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de decembro de 1995.

José A. Gil Sotres

Alcalde Acctal.

923