Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 29 de decembro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do proxecto de urbanización de nova praza entre a rúa Armórica-Xoana de Castro.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27 de decembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de nova praza entre rúa Armónica-Xoana de Castro, redactada polo arquitecto José Álvarez-Ude de la Torre, por encargo deste concello, cun orzamento de execución material de 17.557.020 ptas.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 29 de decembro de 1995.

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente alcalde delegado de área

Vicente Pérez-Carro García

Vicesecretario

339