Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 24 de novembro de 1995, o plan especial de mellora do medio en Serra de Nacente-Darbo, promovido por Antonio Soagge Lemos e outros, de

conformidade co estipulado polo artigo 116 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, en concordancia co 125 do Regulamento de planeamento urbanístico, sométese ó trámite de exposición pública e formulación de alegacións ou alternativas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e na prensa (Atlántico Diario).

A documentación atópase na oficina técnica municipal para o seu exame e información.

Cangas, 5 de xaneiro de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

358