Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/204-2, libro de rexistro 4452 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sometese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Telefónica de España, S.A..

Enderezo social: rúa Rafael de Vega, 11-13, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., para radio base Adairo.

Situación: As Nogais.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, sobre postes de formigón e unha lonxitude de 670 metros, a liña terá orixe no apoio nº 33 da L.M.T. Becerreá-As Nogais e rematará no C.T. Adairo. Centro de transformación tipo intemperie de 25 kVA 20.000/398-230 V ±2,5% ±5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x25 mm, a liña será de conduccción subterránea, para radio base Adairos-As Nogais.

Orzamento: 4.876.860 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0455