Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Gaviota, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a liña 28.03 As Carolinas-Porto, alimentando en bucle ó C.T. subterráneo proxectado denominado Gaviota e rematando na mesma liña, concello de Vilagarcía de Arousa.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
C.T., subterráneo, de 1.000 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
R.B.T., subterránea, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Orzamento: 6.396.433 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 26 de decembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
0509