Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 1996 Páx. 1.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/203-2, libro de registro 4453 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Telefónica de España, S.A.

Enderezo social: rúa Rafael de Vega, 11, 13, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., para estación raio base Nentín.

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, sobre postes de formigón e unha lonxitude de 31 metros, a liña terá orixe no poste nº 3 da L.M.T. Neira de Rei e remate no C.T. de Nentín. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/398-230 V ±2,5% ±5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x25 mm, a liña será de conducción subterránea, para estación radio base en Nentín-Becerreá.

Orzamento: 3.357.900 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de decembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-0581