Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificacións, cancelación e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscrita no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a constitución, modificacións, cancelacións e baixas provisionais que se citan.

A constitución de:

A sociedade agraria de transformación Hedra S.A.T. nº 919 Xuga, obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 11.250.000 ptas.; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Os Taboada S.A.T. nº 677 Xuga, na asemblea xeral celebrada o 15 de maio de 1995, acordaron por unanimidade admitir un socio que aumenta o capital social en cen mil pesetas (100.000 ptas.) pasando de 11.100.000 ptas., a un definitivo capital social de 11.200.000 ptas., representado por 112 resgardos nominativos de 100.000 ptas. cada un, nomeamento de nova xunta rectora:

-Presidente: Antonio Taboada Vázquez.

-Secretaria: Mª Jesús López Abelairas.

-Vocal: José Taboada García.

-Vocal: Esther Vázquez Fonte.

A sociedade agraria de transformación Gandería Ventura S.A.T. nº 907 Xuga, na asemblea xeral celebrada o 28 de xullo de 1995, acordan admitir dous novos socios cunha contribución de catro millóns de ptas. (4.000.000 ptas.) a partes iguais de 2.000.000 de ptas. cada un. Prodúcese o correspondente aumento de capital social pasando de 17.010.000 ptas. a un definitivo capital social de vinteún millóns dez mil pesetas (21.010.000 ptas.) representado por 2.101 resgardos de dez mil pesetas (10.000 ptas.) cada un.

A cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Quinteleiras S.A.T. nº 749 Xuga, polo transcurso de máis dun ano da súa disolución, cancélase neste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación Os Llanos S.A.T. nº 832 Xuga, por acordo do 29-12-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dase de baixa provisional, no índice de entidades deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación Os Labregos de Castrelo S.A.T. nº 3.953, por acordo do 29-12-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dase de baixa provisional, no índice de entidades deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación Cercedo S.A.T. nº 4.121, por acordo do 29-12-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dase de baixa provisional, no índice de entidades deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación San Simón de Lira S.A.T. nº 1.429, por acordo do 29-12-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dase de baixa provisional, no índice de entidades deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

A sociedade agraria de transformación Kiwigal S.A.T. nº 459 Xuga, por acordo do 29-12-1995 da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dase de baixa provisional, no índice de entidades deste rexistro de sociedades agrarias de transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1996.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

578