Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 18 xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Cultura, por delegación de atribucións segundo a Orde de 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Obra do proxecto básico e de execución do edificio da Casa de Cultura en Portas (Pontevedra).

Empresa adxudicataria: Construcciones Abal, S. A.

Orzamento: 44.640.000 ptas.

-Obra do proxecto de Auditorium nas Neves (Pontevedra).

Empresa adxudicataria: Construcciones José Malvar, S. A.

Orzamento: 64.875.965 ptas.

-Reparación da cuberta da igrexa de Sta. María a Maior de Ourense.

Empresa adxudicataria: Tuconsa.

Orzamento: 9.952.000 ptas.

-Reparación de urxencia da cuberta do cruceiro de Santo Domingos de Ribadavia (Ourense).

Empresa adxudicataria: Tuconsa.

Orzamento: 5.595.000 ptas.

-Equipos e programas para a rede de datos do Centro Superior de Documentación e Investigación Cultural de Galicia.

Empresas adxudicatarias:

Lote I: Coremain, S.L.

Orzamento: 1.624.000 ptas.

Lote II: Unisys España, S.A.

Orzamento: 23.553.584 ptas.

Lote III: Software Ag. España, S.A.

Orzamento: 43.819.232 ptas.

-Reparación e acondicionamento do Museo Arqueolóxico e Arquivo Histórico de Ourense.

Empresa adxudicataria: Neor, S. A.

Orzamento: 8.472.581 ptas.

-Reforma e acondicionamento do edificio San Paio, Área Panorámica de Tui, 1ª fase (Pontevedra).

Empresa adxudicataria: Dragados y Construcciones, S. A.

Orzamento: 221.054.755 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución de conformidade co artigo 58 de la Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

543