Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancinadores de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos (expedientes número P-319/95 e P-338/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE de 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, de 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, de 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Angel Madarro Río, funcionairo desta delegación, que podera ser recusado en calquera momento do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto (BOE nº 189, de 9 de agosto de 1993).

ANEXO

Expediente nº: P-319/95.

Denunciado: Rafael Parraga Hornero.

Enderezo: Serra del Canigo, 10; El Prat de Llobregat-Barcelona.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana carecendo de licencia.

Feitos ocorridos o 10-8-1995 no río Miño-Santa Isabel- Outeiro de Rei.

Precepto sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº: P-338/95.

Denunciado: Aurelio Pérez Rodríguez.

Enderezo: Padre Manuel Larramendi, 2-4º; Bilbao-Vizcaya.

Feito denunciado: pescar con cana en época de veda (Orde de 24-2-1995, DOG nº 50 de 13-3-1995).

Feitos ocorridos o 25-8-1995 no río Ladra, Ponte de Miraz-Begonte.

Precepto sancionador: 34.8.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 9 de xaneiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provicial de Lugo

95-0618